Sub Rosa

Seis meses despois da presentación do seu primeiro EP Akureyri, que lles valeu a nominación ós premios galegos da música, Sub Rosa voltan cun disco que pretende sacudir as fronteiras entre a electrónica e o indie rock. Cunha nova plantilla de músicos entre as súas filas nos presentan nove temas directos, compostos en apenas catro meses e mesturados no estudio A Ponte por Tomás Ageitos. As antigas paisaxes instrumentais dan paso a unha música que se planta diante do oínte, sen excusas, con toda a gravedade do presente, máis apelando constantemente a única fonte de liberdade: a imaxinación, a metáfora como forma de insumisión, a voz que escapa á mensaxe directa denunciando a mentira de calquera mensaxe nun mundo privado da palabra. Estamos ante un disco de evolución, que conserva as raíces do electrónico (Fuck Buttons, TSOWC, Dan Deacon) máis se abre ó discurso directo do noise rock e o shoegaze (TAB, Disco las Plameras!, The Jesus and Mary Chain, Pixies). Un discurso cohesionado que atopa a través do ruído un vehículo de expresión, máis tamén un disco de temas, de melodías difíciles de olvidar, buscando unha simbiose entre o consumo rápido e a reflexión consciente.

Muros de son de guitarra, capas e capas de sintetizadores, voces falando máis aló da música; caixas

de ritmos e toms salvaxes, distorsión, distorsión; un clímax que nunca chega e xa está aquí. Un disco feito dos retais de poemas de Ismael Ramos, Carla Carbatti ou Séchu Sende, e os debuxos de outros tantos artistas sen nome nos xornais. Feito coa colaboración de amigos músicos do selo Discos da Máquina (Grampoder), que puxeron os seus esforzos para que este disco fose unha realidade. Un disco duro, difícil de componer; un disco que son tres discos que nunca verán a luz. Un disco que pretende ser un disco, no vello sentido da palabra.

Festival Vraó! en Foz (Lugo) 11 Xullo 2014